peso

Plural: pesos
    1. s m FÍS Forza coa que a Terra atrae un corpo calquera como consecuencia do fenómeno da gravitación. O peso p dun corpo relaciónase coa súa masa m mediante a ecuación p = mg, onde g é a aceleración da gravidade. O peso exprésase en unidades de forza.
    2. peso en baleiro AERON Peso dunha aeronave en orde de voo, menos o peso da tripulación, do combustible e do aceite, do equipo desmontable e da carga comercial.
    3. peso específico FÍS Peso dun volume dunha substancia homoxénea en comparación co peso do mesmo volume doutra substancia, xeralmente auga, tomada como unidade.
    4. peso máximo AERON Peso límite que está permitido na orde de voo de acordo coas regulacións específicas.
    5. peso morto MAR Peso dun barco que é a suma dos pesos máximos que pode transportar e que non pode ser superior ao máximo permitido polo francobordo.
  1. s m Obriga, responsabilidade ou carga que soporta alguén.
  2. s m Importancia ou valor de algo.
  3. s f
    1. METROL Peza de metal, ou doutro material, de forma determinada, que serve de unidade de peso, e que leva a indicación da súa masa nominal.
    2. TECNOL Cada unha das pezas que, penduradas dunha cadea ou dunha corda, dan movemento, co seu propio peso, a algún mecanismo.
    3. TECNOL Peza metálica que se emprega como contrapé nalgúns mecanismos.
  4. DEP
    1. s m Instrumento metálico de forma esférica que se emprega en atletismo na proba de lanzamento.
    2. s m Peza que se usa en exercicios ximnásticos.
    3. categorías de peso Distribución dos deportistas segundo o seu peso.
  5. peso estatístico MAT Cada un dos termos que forman a distribución da probabilidade dun sistema completo de sucesos ou estados que poden presentarse nunha estrutura ou fenómeno físico.

Refráns

  • Non se sabe o que pesa a carne, mentres non o di a romana.