smFÍSForza coa que a Terra atrae un corpo calquera como consecuencia do fenómeno da gravitación. O peso p dun corpo relaciónase coa súa masa m mediante a ecuación p=mg, onde g é a aceleración da gravidade. O peso exprésase en unidades de forza.
peso en baleiroAERONPeso dunha aeronave en orde de voo, menos o peso da tripulación, do combustible e do aceite, do equipo desmontable e da carga comercial.
peso específicoFÍSPeso dun volume dunha substancia homoxénea en comparación co peso do mesmo volume doutra substancia, xeralmente auga, tomada como unidade.
peso máximoAERONPeso límite que está permitido na orde de voo de acordo coas regulacións específicas.
peso mortoMARPeso dun barco que é a suma dos pesos máximos que pode transportar e que non pode ser superior ao máximo permitido polo francobordo.
smObriga, responsabilidade ou carga que soporta alguén.
smImportancia ou valor de algo.
sf
METROLPeza de metal, ou doutro material, de forma determinada, que serve de unidade de peso, e que leva a indicación da súa masa nominal.
TECNOLCada unha das pezas que, penduradas dunha cadea ou dunha corda, dan movemento, co seu propio peso, a algún mecanismo.
TECNOLPeza metálica que se emprega como contrapé nalgúns mecanismos.
DEP
smInstrumento metálico de forma esférica que se emprega en atletismo na proba de lanzamento.
smPeza que se usa en exercicios ximnásticos.
categorías de pesoDistribución dos deportistas segundo o seu peso.
peso estatísticoMATCada un dos termos que forman a distribución da probabilidade dun sistema completo de sucesos ou estados que poden presentarse nunha estrutura ou fenómeno físico.
Refranes
Non se sabe o que pesa a carne, mentres non o di a romana.