smPorción de tempo limitado e determinado polo acontecemento dun fenómeno.
smEspazo de tempo que comprende a duración dunha cousa ou dunha fase.
smDERCada unha das fases ou partes de que consta o xuízo para expoñer, probar ou sentenciar.
período de probaDEREspazo de tempo, na contratación laboral, en que cada unha das partes contratantes pode disolver o vínculo se non queda satisfeito das prestacións da outra.
período de sesións /DER/POLÍTPeríodo de tempo anual en que legalmente se pode reunir un parlamento.
período electoral /DER/POLÍTTempo en que a lei prevé a presentación de candidatos ata a súa proclamación, rematadas as eleccións.
smESTRATIGUnidade xeocronolóxica de rango superior á época e inferior á era.
FÍS
smTempo T, característico de calquera movemento periódico, que transcorre entre dous estados de movemento consecutivos e equivalentes.
período radioactivo/de semidesintegraciónTempo T necesario para que se desintegren a metade dos núcleos dunha substancia radioactiva.
smFISIOLmenstruación.
smMED/PATFase distinta no curso dunha enfermidade ou proceso.
smXEOLDuración do tempo xeolóxico.
smLINGSerie de oracións xustapostas ou coordinadas desde unha pausa plena a outra.
smMATCifra ou cifras que se repiten nun número periódico.
smMÚSUnidade diferencial dunha composición musical, formada habitualmente por dúas fases de catro compases cada unha.
smQUÍMCada unha das fileiras horizontais da táboa periódica dos elementos.