período

< lat periŏdu gr περίοδος
Pliral: períodos
  1. s m Porción de tempo limitado e determinado polo acontecemento dun fenómeno.
    1. s m Espazo de tempo que comprende a duración dunha cousa ou dunha fase.
    2. s m DER Cada unha das fases ou partes de que consta o xuízo para expoñer, probar ou sentenciar.
    3. período de proba DER Espazo de tempo, na contratación laboral, en que cada unha das partes contratantes pode disolver o vínculo se non queda satisfeito das prestacións da outra.
    4. período de sesións / DER/POLÍT Período de tempo anual en que legalmente se pode reunir un parlamento.
    5. período electoral / DER/POLÍT Tempo en que a lei prevé a presentación de candidatos ata a súa proclamación, rematadas as eleccións.
  2. s m ESTRATIG Unidade xeocronolóxica de rango superior á época e inferior á era.
  3. FÍS
    1. s m Tempo T, característico de calquera movemento periódico, que transcorre entre dous estados de movemento consecutivos e equivalentes.
    2. período radioactivo/de semidesintegración Tempo T necesario para que se desintegren a metade dos núcleos dunha substancia radioactiva.
  4. s m FISIOL menstruación.
  5. s m MED/PAT Fase distinta no curso dunha enfermidade ou proceso.
  6. s m XEOL Duración do tempo xeolóxico.
  7. s m LING Serie de oracións xustapostas ou coordinadas desde unha pausa plena a outra.
  8. s m MAT Cifra ou cifras que se repiten nun número periódico.
  9. s m MÚS Unidade diferencial dunha composición musical, formada habitualmente por dúas fases de catro compases cada unha.
  10. s m QUÍM Cada unha das fileiras horizontais da táboa periódica dos elementos.

Sinónimos

Citas

  • Comezaron o período vacacional, Xa pasou o período das chuvias, Atravesan un período de crise económica, Comezou o período de instrución militar