perfección

< lat perfectĭōne
Plural: perfeccións
  1. s f Calidade do que é perfecto.
  2. s f Cousa perfecta.
    1. s f FILOS/RELIX Realización dun fin ou correspondencia de calquera cousa á norma ou tipo, de forma que non pode ser mellorada.
    2. perfección cristiá RELIX Práctica do amor a Deus e ao próximo dunha maneira eminente, aínda que sempre perfectible, polo feito de que só Deus é perfecto.
  3. s f DER Fase e momento dos actos xurídicos en que, ao concorrer os requisitos, nacen dereitos e obrigas.

Antónimos

Refráns

  • O ben feito ben parece e o que o fai algo merece.
  • O pan ben arrendado énchelle a eira ao seu amo.
  • Pan ben sachado énchelle o cabazo ao amo.