smPLANTAPlanta herbácea bienal, da familia das apiáceas, de ramas e follas tripinnadas de cor verde escura, flores de cor verde amarelada, dispostas en umbelas e froitos en diaquenio. Emprégase como condimento.
perexil de montePLANTAPlanta herbácea perenne, da familia das apiáceas, de talo macizo e estriado, follas tripinnadas, flores de cor branca dispostas en umbelas e froitos con costelas moi marcadas.
perexil mariñoPLANTAPlanta herbácea perenne, da familia das apiáceas, de follas pinnadas e carnosas, flores de cor verde amarelenta, dispostas en umbelas e froito verde oliva que viven en rochedos marítimos.