peregrino -na

Plural: peregrinos Masculino: peregrino Masculino plural: peregrinos Feminino: peregrina Feminino plural: peregrinas
  1. adx Que fai por devoción unha romaxe a algún santuario. Tm s, referido a persoa.
  2. adx Que anda viaxando por todo o mundo. Tm s, referido a persoa.
  3. adx ORNIT Aplícase a certas aves que emigran.
  4. adx Que é raro.

Refráns

  • A san Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.
  • Bordón e cabaza é vida folgada.
  • No Camiño de Santiago tanto anda o coxo coma o sano.
  • No Camiño Francés venden gato por res.
  • ¡Malla o pelengrín que di mal do seu bordón!