pereira

< pera
Plural: pereiras
  1. s f PLANTA Árbore caducifolia, da familia das rosáceas, que presenta follas ovadas,  flores brancas, dispostas en pequenos corimbos, e froitos comestibles, chamados peras.
  2. pereira brava PLANTA Árbore caducifolia, da familia das rosáceas, que presenta follas arredondadas, flores brancas en corimbos moi curtos e froito de sabor amargo.
  3. pereira de flor PLANTA Árbore caducifolia, da familia das rosáceas, que presenta flores brancas e o froito de cor castaña.

Refráns

  • Algún día a miña pereira hame dar peras.