perdón

< perdoar
Plural: perdóns
  1. s m Acción e efecto de perdoar.
  2. s m DER Remisión total ou parcial da pena merecida, dunha débeda ou unha obriga pendentes, por parte de quen ten o poder.
  3. s m RELIX Remisión que Deus fai das culpas a través de diversos ritos de expiación.

Citas

  • Perdón!, podería indicarme onde queda a estación?

Refráns

  • A clemencia é irmá da conciencia.
  • A gran pecado, gran misericordia.
  • A moito amor, moito perdón.
  • Consello de sabios é sufrir inxurias e perdoar agravios.
  • Consello é de sabios perdoar inxurias e esquecer agravios.
  • Guíate dos sabios: perdoa as inxurias e esquece os agravios.
  • Máxima de sabios é perdoar agravios.
  • O perdón sobra onde a culpa falta.