sfXEOLCorpo mineral sólido e duro, de composición moi variable, non metálico, que contén sales e óxidos metálicos, aos que debe a súa coloración, e constitúe as rochas.
pedra pómezMINERALPedra volcánica esponxosa e lixeira que constitúe a parte superior das lavas volcánicas que se emprega para puír e limpar superficies. OBS: Tamén se denomina pumicita.
sfAnaco de materia mineral de certo tamaño, desprendida naturalmente dunha rocha, ou sacada artificialmente, que se emprega xeralmente en construción.
sfPATCálculo que se forma nos riles, na vexiga, nas vías urinarias ou na vesícula biliar.
sfAuga de chuvia conxelada que cae en forma de bólas grandes.
sfPeza pequena cilíndrica que está formada por unha aliaxe de ferro e cerio que produce a chispa nos acendedores de acendido por chispa.
sfsarrio.
sfBOTcarabuña.
sfMoa do muíño.
pedra billeiraPedra sobre a que se coloca a buxa no muíño.
pedra angularCONSTRPeza que fai de unión das dúas paredes que forman unha esquina.
pedra de abalarPedra que é produto de procesos erosivos de distinta orixe que se mantén en equilibrio de xeito que é posible provocarlle un movemento pendular cun lixeiro pulo.
pedra de afiar/amolarPedra natural ou artificial que se emprega para afiar instrumentos e ferramentas de corte.
pedra de lumeMINERALpedernal.
pedra de toqueMINERALPedra silícea e negra que se emprega para probar o grao de pureza dos metais, mediante a análise da raia que estes metais lle imprimen por fretamento no ensaio do toque.
pedra preciosaXEOLPedra dura, transparente e de gran valor que, unha vez tallada, se utiliza en xoiaría.
pedra formosaPREHISTLousa de gran tamaño tallada con motivos ornamentais, xeralmente en forma de fachada, propias da cultura castrexa.