pedra

< lat petra
Pliral: pedras
    1. s f XEOL Corpo mineral sólido e duro, de composición moi variable, non metálico, que contén sales e óxidos metálicos, aos que debe a súa coloración, e constitúe as rochas.
    2. pedra pómez MINERAL Pedra volcánica esponxosa e lixeira que constitúe a parte superior das lavas volcánicas que se emprega para puír e limpar superficies. OBS: Tamén se denomina pumicita.
  1. s f Anaco de materia mineral de certo tamaño, desprendida naturalmente dunha rocha, ou sacada artificialmente, que se emprega xeralmente en construción.
  2. s f PAT Cálculo que se forma nos riles, na vexiga, nas vías urinarias ou na vesícula biliar.
  3. s f Auga de chuvia conxelada que cae en forma de bólas grandes.
  4. s f Peza pequena cilíndrica que está formada por unha aliaxe de ferro e cerio que produce a chispa nos acendedores de acendido por chispa.
  5. s f sarrio.
  6. s f BOT carabuña.
    1. s f Moa do muíño.
    2. pedra billeira Pedra sobre a que se coloca a buxa no muíño.
  7. pedra angular CONSTR Peza que fai de unión das dúas paredes que forman unha esquina.
  8. pedra de abalar Pedra que é produto de procesos erosivos de distinta orixe que se mantén en equilibrio de xeito que é posible provocarlle un movemento pendular cun lixeiro pulo.
  9. pedra de afiar/amolar Pedra natural ou artificial que se emprega para afiar instrumentos e ferramentas de corte.
  10. pedra de lume MINERAL pedernal.
  11. pedra de toque MINERAL Pedra silícea e negra que se emprega para probar o grao de pureza dos metais, mediante a análise da raia que estes metais lle imprimen por fretamento no ensaio do toque.
  12. pedra preciosa XEOL Pedra dura, transparente e de gran valor que, unha vez tallada, se utiliza en xoiaría.
  13. pedra formosa PREHIST Lousa de gran tamaño tallada con motivos ornamentais, xeralmente en forma de fachada, propias da cultura castrexa.

Sinónimos

Citas

  • Colleu dúas pedras de azucre para o café, Pediu unha pedra de xeo para o té
  • Tiráballe pedras ao tellado

Frases hechas

  • Abrandar as pedras. Producir unha gran compaix
  • Quedar/Deixar de pedra. Quedar turbado ou paralizado ante algo ou algu
  • Ser de pedra. Ser insensible.
  • 2 Ter relaci
  • Arrincar as pedras cos dentes. Realizar un esforzo moi grande.
  • Durmir como unha pedra. Durmir dunha maneira moi profunda.
  • Duro como unha pedra. Moi duro.
  • Facer chorar unha pedra. Producir un gran sentimento de pena.
  • Non deixar/quedar pedra sobre pedra. Destru
  • Pasar pola pedra 1 Obrigar a algu
  • Ser a pedra da paciencia. Ser resignado.
  • Tirar a pedra e esconder a man. Producir un dano ou prexu
  • Tirar a primeira pedra. Ser o primeiro en realizar unha acusaci

Refranes

  • A pedra andando non cría musgo.
  • A pedra que roda non colle musgo.
  • As pedras, unhas con outras, é como se atopan.
  • O pau e a pedra no camiño medran.
  • Pedra contada, nunca gañada.
  • Pedra santa; que de seu anda.