pavillón

< fr antigo paveillon
Plural: pavillóns
  1. s m
    1. Construción que se ergue por riba doutras construcións contiguas, illada nun patio ou nun xardín, e que depende doutra máis grande.
    2. Construción ou edificio que forma parte dun conxunto, como o dunha exposición, cidade universitaria ou hospital.
    3. BÉL Dependencia dun cuartel, onde se aloxan os xefes e oficiais.
  2. s m Bandeira, especialmente a dun barco, que indica a súa nacionalidade.
  3. s m Tenda de campaña de forma cónica sostida interiormente por un pau cravado á terra con estacas e cordas.
  4. ANAT
    1. s m Expansión dilatada que se sitúa no extremo dun conduto.
    2. pavillón auditivo/da orella Expansión laminar ancheada de tecido fibro-cartilaxinoso, onde desemboca o conduto auditivo externo e co que forma o oído externo.
    3. pavillón da trompa uterina Extremidade ovárica da trompa uterina, en forma de embude.
  5. s m MÚS Ancheamento no extremo do tubo dos instrumentos musicais de vento.