pavimento

< lat pavimentu
Plural: pavimentos
  1. s m CONSTR Revestimento de diversos materiais co que se cobre o chan dun cuarto, patio, estrada ou aeródromo, para darlle firmeza, lisura ou comodidade de tránsito.
  2. pavimento desértico XEOL Superficie plana e rochosa que subsiste nunha zona desértica cando as partículas finas foron levadas polo vento.
  3. pavimento glaciario XEOG Superficie dunha rocha, xeralmente dura e pulida, que presenta estrías e acanaladuras, produtos da erosión dun glaciar ou dun inlandsis da era Cuaternaria ou de tempos máis remotos.