plDEPFalta en que incorre un xogador que dá máis pasos dos regulamentarios sen botar o balón en determinados deportes como o baloncesto e o balonmán.
smEspazo que hai dun pé a outro cando se anda.
smAcción de pasar dun sitio a outro.
smPeza horizontal da escada ou da escaleira que serve para pousar o pé ao subir ou baixar.
smLugar destinado para pasar por el.
sm
Maneira de camiñar.
Cada un dos movementos que se fan nun baile.
sm
Desenvolvemento notable na vida dunha persoa.
RELIXCada un dos acontecementos principais da Paixón de Xesús Cristo que se conmemoran na Semana Santa.
RELIXFigura ou figuras que representan un destes acontecementos.
smCada unha das pedras que se colocan en fileira nunha corrente de auga.
smCruzamento de dúas liñas de comunicación.
paso a nivelCruzamento dunha estrada ou dun camiño cunha vía de ferrocarril ao mesmo nivel.
smImpresión producida polo pé dunha persoa que camiña.
smAcción ou decisión importante que se fai para a resolución de algo.
TECNOL
smetapa.
smDistancia que hai entre dúas irregularidades consecutivas, especialmente dunha ferramenta, que se repiten periodicamente.
paso de roscaDistancia entre dous puntos homólogos dun filete dun parafuso ou dunha porca, que equivale á separación entre dúas voltas consecutivas do mesmo filete e que corresponde ao avance do parafuso ou da porca nunha volta.
paso diametral/transversalMódulo dunha roda dentada dunha engrenaxe.
ORNIT
smPasaxe de certas aves dunha rexión a outra.
ave de paso/pasaxeiraAve que ao longo do ano se despraza, en función da dispoñibilidade de recursos desde a área de cría á de invernada, e viceversa.