chanzo

Plural: chanzos
  1. s m Cada unha das pezas horizontais dunha escaleira.
  2. s m Travesa horizontal dunha escada, onde se apoian os pés.
  3. s m Listón de madeira colocado horizontalmente nunha cancela ou nun portelo.
  4. s m Cada un dos diferentes niveis en que se sentan os espectadores dun estadio, dun anfiteatro ou doutra instalación semellante.

Sinónimos

Citas

  • As escaleiras da casa que están a construír teñen quince chanzos
  • Cada un dos chanzos da grade leva varios dentes para remover a terra
  • Non collas esa escada que lle faltan algúns chanzos
  • O coello intentaba escapar do cazador, pero quedou atrapado nos chanzos da cancela
  • Pintaron de verde os chanzos do pavillón de deportes, Colocaron asentos de plástico nos chanzos do estadio de fútbol

Formas incorrectas

escalón, grada, graderío

Palabras veciñas