par

< lat pare ‘igual’
Plural: pares
  1. adx Que é divisible por dous. Tm s m.
  2. adx Que é igual ou moi parecido a algo. Tm s m.
  3. BIOL
    1. adx Aplícase ao órgano que se corresponde simetricamente con outro.
    2. par cranial Cada un dos doce pares de nervios que se orixinan no encéfalo e pasan á periferia polos buratos da base do cranio.
    3. par raquídeo Cada un dos 31 pares de nervios que parten da medula espiñal.
    1. s m Conxunto de dúas cousas, persoas ou animais dunha mesma especie.
    2. s m Conxunto de dúas cousas iguais destinadas a ir xuntas, que se consideran como unha unidade.
    3. s m XEOG Conxunto de dúas medidas dun mesmo ángulo consecutivas e de sentido inverso.
    4. s m COMUN Conxunto formado por dous condutores, illados e enrolados helicoidalmente entre eles, destinado a constituír un circuíto telefónico.
    5. par de estabilidade MAR Par de forzas que nunha embarcación apartada da súa posición de equilibrio tenden a devolver a nave á posición de equilibrio.
    6. par de forzas FÍS Sistema constituído por dúas forzas de igual módulo, paralelas, de sentido contrario e tales que as rectas de aplicación non son paralelas.
    7. par voltaico / FÍS/QUÍM Sistema formado por dous electrodos mergullados nun electrólito capaz de producir unha forza electromotriz.
  4. s m DEP Número de golpes establecidos no golf para facer entrar a pelota nun buraco ou para facer o percorrido do campo.
  5. s m HIST Título de dignidade nalgúns países que varía segundo a época e o lugar. Baixo o feudalismo, eran vasalos dun mesmo soberano e estaban sometidos a deberes idénticos.
  6. TECNOL
    1. par motor Momento de xiro que pode transmitir a árbore dun motor á árbore do mecanismo conducido á que está conectado.
    2. par resistente Momento que se opón ao par motor.
  7. par termoeléctrico TECNOL/FÍS Dispositivo que está formado por un par de condutores diferentes unidos por un extremo e baseado no efecto termoeléctrico.

Confrontacións

Citas

  • A súa amabilidade non ten par
  • Bótame un par de patacas, Espérame un par de minutos, que agora baixo
  • Oito e trinta son números pares
  • parahelio
  • parahelio
  • parahidróxeno
  • Quedou a falar cun par de amigos, Onte na feira comprou un par de bois
  • Xa vas precisando un novo par de zapatos, Regaloulle un par de pendentes e un par de calcetíns

Frases feitas

  • De par en par. Aberto por completo. Ex: Abriu a vent
  • 2 Apl
  • A pares. De dous en dous.