adxAplícase ao órgano que se corresponde simetricamente con outro.
par cranialCada un dos doce pares de nervios que se orixinan no encéfalo e pasan á periferia polos buratos da base do cranio.
par raquídeoCada un dos 31 pares de nervios que parten da medula espiñal.
smConxunto de dúas cousas, persoas ou animais dunha mesma especie.
smConxunto de dúas cousas iguais destinadas a ir xuntas, que se consideran como unha unidade.
smXEOGConxunto de dúas medidas dun mesmo ángulo consecutivas e de sentido inverso.
smCOMUNConxunto formado por dous condutores, illados e enrolados helicoidalmente entre eles, destinado a constituír un circuíto telefónico.
par de estabilidadeMARPar de forzas que nunha embarcación apartada da súa posición de equilibrio tenden a devolver a nave á posición de equilibrio.
par de forzasFÍSSistema constituído por dúas forzas de igual módulo, paralelas, de sentido contrario e tales que as rectas de aplicación non son paralelas.
par voltaico /FÍS/QUÍMSistema formado por dous electrodos mergullados nun electrólito capaz de producir unha forza electromotriz.
smDEPNúmero de golpes establecidos no golf para facer entrar a pelota nun buraco ou para facer o percorrido do campo.
smHISTTítulo de dignidade nalgúns países que varía segundo a época e o lugar. Baixo o feudalismo, eran vasalos dun mesmo soberano e estaban sometidos a deberes idénticos.
TECNOL
par motorMomento de xiro que pode transmitir a árbore dun motor á árbore do mecanismo conducido á que está conectado.
par resistenteMomento que se opón ao par motor.
par termoeléctricoTECNOL/FÍSDispositivo que está formado por un par de condutores diferentes unidos por un extremo e baseado no efecto termoeléctrico.