palmeira

< palma
Plural: palmeiras
  1. s f PLANTA Planta da familia das arecáceas, que consta dun tronco ou estípite simple e esvelto, coroado por un penacho de follas grandes pinnatisectas ou palmatisectas.
  2. palmeira anana PLANTA Árbore da familia das arecáceas, normalmente baixa, que presenta follas en forma de abano, pecíolos provistos de espiñas ferintes, flores en acios e froitos semellantes aos dátiles.
  3. palmeira datileira PLANTA Árbore dioica, da familia das arecáceas, que presenta tronco fino, follas pinnadas, glaucas e de pecíolo con espiñas amareladas, flores dispostas en réxime e froitos (dátiles) que son bagas monospermas e comestibles.
  4. palmeira de Canarias PLANTA Árbore dioica, da familia das arecáceas, que presenta tronco groso, follas pinnadas dun verde escuro brillante, moi numerosas e de pecíolo moi curto, flores dispostas en réxime e froitos elipsoidais en baga monosperma.

Sinónimos