palma

< lat palma
Plural: palmas
  1. s f
    1. PLANTA Antigo nome da familia das arecáceas.
    2. PLANTA Planta da familia das arecáceas.
    3. BOT Folla de palmeira, moi grande, pinnatisecta ou palmatisecta e cun pecíolo ou raque robusto.
  2. s f ETN/RELIX Folla de palmeira traballada coa arte da cestaría que se emprega, xunto ás pólas da oliveira e do loureiro, na bendición litúrxica dos ramos do domingo de Ramos.
  3. s f HIST Folla de palmeira considerada símbolo de triunfo ou martirio.
  4. s f ANAT Parte flexora da man, comprendida entre os dedos e o pulso.
  5. s f pl Acción de golpear as mans, unha contra a outra, ao aplaudir ou ao seguir un compás.

Confrontacións