país

< fr pays
Plural: países
  1. s m Territorio en que se asenta unha nación e que constitúe unha unidade xeográfica e política concreta.
  2. s m Nación ou grupo de persoas que forman unha unidade política.
  3. s m Territorio e poboación que forman un estado independente.
  4. s m Territorio propio dunha etnia determinada.
  5. s m XEOG Zona xeográfica con límites naturais ben delimitados.
  6. país menos desenvolvido ECON País subdesenvolvido, segundo a ONU, de acordo con índices diversos, que ten unha desvantaxe relativa para desenvolverse.
  7. país recentemente industrializado ECON País en vías de desenvolvemento que se atopa no limiar da industrialización e mostra un gran dinamismo exportador de produtos manufacturados.

Citas

  • Entrou no bar e pediu un país
  • Vive no país das ilusións

Palabras veciñas