osteoartropatía

< osteo- + artropatía
Plural: osteoartropatías
  1. s f PAT Enfermidade das articulacións e dos ósos que as forman.
  2. osteoartropatía barotraumática PAT Osteoartropatía que afecta á cadeira e aos músculos dos mergulladores sometidos a bruscas descompresións.
  3. osteoartropatía hipertrofiante PAT Osteoartropatía que se caracteriza pola inflamación do periósteo, sobre todo o dos ósos das extremidades, con formación de óso novo, artrite e hipocratismo dos dedos, que se dá especialmente en enfermidades de pulmón e en malformacións cardíacas conxénitas.