ortográfico -ca

< ortografía
Plural: ortográficos Masculino: ortográfico Masculino plural: ortográficos Feminino: ortográfica Feminino plural: ortográficas
  1. adx Relativo ou pertencente á ortografía.
  2. signo ortográfico LING Signo que, na correcta escritura da linguaxe falada, serve para transcribir a pronuncia, a intensidade e a distinción de certos sons, ademais da entoación, as pausas e os sentidos das frases. Os signos ortográficos son o acento, a diérese, os signos diacríticos e os diversos signos de puntuación.