ortografía

< lat orthographĭa gr ορθογραφία
Plural: ortografías
  1. s f LING Escritura, de forma correcta, das palabras dunha lingua.
  2. s f LING Parte da gramática que ensina a correcta escritura das palabras e dos outros signos gráficos, como os de acentuación e os de puntuación.
  3. s f MAT Técnica da xeometría proxectiva que consiste en facer proxeccións ortogonais nun plano vertical.