organización

< organizar
Plural: organizacións
  1. s f Acción e efecto de organizar ou organizarse.
  2. s f Maneira de estar disposto algo.
  3. s f Conxunto de persoas que pertencen a un grupo ou a unha asociación organizada.
  4. organización administrativa DER Conxunto de órganos e dependencias en que se estruturan as administracións públicas.
  5. organización científica do traballo IND Conxunto de técnicas para potenciar a produtividade do traballo industrial, baseadas na análise, avaliación e asignación do traballo.
  6. organización do espazo XEOG Determinación da función ou da utilización das diferentes partes dun territorio concreto, sexa espazo urbano, espazo rural, infraestrutura ou parque.
  7. organización formal SOCIOL Estruturación social en que a racionalidade predomina sobre a espontaneidade. As relacións que se establecen nunha sociedade organizada formalmente son impersoais e indirectas, e o papel de cada individuo escóllese segundo a súa eficiencia e efectividade.
  8. organización industrial ECON Utilización racional e coordinada das distintas partes dunha empresa, para conseguir a máxima eficacia dos medios utilizados.
  9. organización social SOCIOL Entidade específica que denota unha situación estruturada de funcionamento e unha interrelación entre os seus compoñentes, que posúen características que non se manifestan fóra desta unidade.
  10. organización territorial DER Conxunto de entes públicos territoriais en que se estrutura un estado ou unha comunidade autónoma.
  11. organización xudicial DER Constitución xerárquica dos poderes públicos encargados da administración de xustiza, que determina as súas atribucións e os límites en que poden exercer a súa autoridade.

Confrontacións

Citas

  • A organización dalgúns vexetais é bastante complexa
  • A organización do partido da oposición sufriu grandes cambios tras o fracaso electoral
  • A organización obreira decidiu desconvocar a folga xeral