sfConxunto de persoas que pertencen a un grupo ou a unha asociación organizada.
organización administrativaDERConxunto de órganos e dependencias en que se estruturan as administracións públicas.
organización científica do traballoINDConxunto de técnicas para potenciar a produtividade do traballo industrial, baseadas na análise, avaliación e asignación do traballo.
organización do espazoXEOGDeterminación da función ou da utilización das diferentes partes dun territorio concreto, sexa espazo urbano, espazo rural, infraestrutura ou parque.
organización formalSOCIOLEstruturación social en que a racionalidade predomina sobre a espontaneidade. As relacións que se establecen nunha sociedade organizada formalmente son impersoais e indirectas, e o papel de cada individuo escóllese segundo a súa eficiencia e efectividade.
organización industrialECONUtilización racional e coordinada das distintas partes dunha empresa, para conseguir a máxima eficacia dos medios utilizados.
organización socialSOCIOLEntidade específica que denota unha situación estruturada de funcionamento e unha interrelación entre os seus compoñentes, que posúen características que non se manifestan fóra desta unidade.
organización territorialDERConxunto de entes públicos territoriais en que se estrutura un estado ou unha comunidade autónoma.
organización xudicialDERConstitución xerárquica dos poderes públicos encargados da administración de xustiza, que determina as súas atribucións e os límites en que poden exercer a súa autoridade.