orbital

< órbita
Plural: orbitais
  1. adx Relativo ou pertencente á órbita.
  2. QUÍM/FÍS
    1. orbital atómico Función, solución de ecuación de Schrödinger, que describe o estado estacionario dun electrón que forma parte dun átomo.
    2. orbital molecular Función de onda, solución da ecuación de Schrödinger, asociada a un electrón que forma parte dunha molécula.