órbita

< lat orbĭta ‘liña circular’
Plural: órbitas
  1. s f
    1. ASTRON Traxectoria que describe un astro no espazo.
    2. ASTRON Camiño percorrido por un enxeño espacial, cando é periódico e aparentemente pechado.
    3. FÍS Traxectoria que describe unha partícula nun acelerador circular ou nos esquemas que representan a estrutura atómica.
  2. s f Medio onde se exerce unha actividade ou influencia.
  3. s f ANAT Cada unha das dúas cavidades simétricas onde se aloxan os ollos.
  4. s f MAT Conxunto de puntos que se obtén multiplicando un punto dun espazo dado e os elementos dun grupo que opera sobre ese espazo.