obxectivo -va

< obxecto
Plural: obxectivos Masculino: obxectivo Masculino plural: obxectivos Feminino: obxectiva Feminino plural: obxectivas
  1. adx Que trata os acontecementos, os datos e os fenómenos con independencia de reflexións e sentimentos propios do observador.
  2. adx Que responde á realidade con exactitude.
  3. s m Finalidade pola que se realiza algunha cousa.
  4. BÉL
    1. s m Punto sobre o que se dispara un proxectil.
    2. s m Punto ou zona cara á que se dirixe unha acción militar.
  5. FÍS
    1. s m Sistema óptico converxente colocado no extremo dun instrumento óptico do lado do obxecto, formado por un espello e unha lente ou sistema de lentes.
    2. obxectivo de focal longa Obxectivo dunha lonxitude focal sensiblemente maior ca a diagonal do formato que se está a empregar.
    3. obxectivo de foco variable Obxectivo en que o foco pode ser axustado a distintas distancias.
    4. obxectivo de lonxitude focal fixa Obxectivo cunha soa lonxitude focal, oposto aos obxectivos duais ou zoom.
    5. obxectivo dobre Obxectivo que consta de elementos móbiles e que dá lugar a dúas lonxitudes focais.
    6. obxectivo lento Obxectivo que ten unha abertura máxima de pequeno tamaño.
    7. obxectivo rápido Obxectivo que ten unha abertura máxima de gran tamaño.

Sinónimos

Citas

  • Fixo unha análise obxectiva das cousas
  • Foi un feito obxectivo
  • Un dos meus obxectivos é ter un bo traballo