obxecto

Plural: obxectos
  1. s m Cousa material en tanto que se ofrece aos sentidos.
  2. FILOS
    1. s m Aquilo que é ou pode ser coñecido polos sentidos ou polo entendemento.
    2. obxecto formal Aspecto que se toma ou perspectiva desde a que se contempla o obxecto material.
    3. obxecto material Obxecto como tal.
  3. s m Aquilo que se toma como fin dunha acción ou dun esforzo.
  4. s m Materia dunha ciencia, dun estudo, dunha conversa ou dunha exposición escrita.
  5. FÍS
    1. s m Punto ou conxunto de puntos dos que un sistema óptico dá unha imaxe.
    2. obxecto real Obxecto do que diverxen os raios de luz que atravesan o sistema óptico.
    3. obxecto virtual Obxecto cara ao que converxen os raios de luz que atravesan o sistema óptico.
  6. obxecto directo LING complemento directo.
  7. obxecto matemático MAT Concepto matemático precisado por unha definición.
  8. obxecto indirecto LING
    1. Finalidade á que se destinan as actividades dunha sociedade.
    2. Conxunto de operacións ás que se dedica unha sociedade.
  9. ovni.