normal

< lat normāle
Plural: normais
  1. adx Que é conforme á norma.
  2. adx Que non se separa do seu estado ou curso natural.
  3. adx Que é habitual.
  4. MAT
    1. adx, s f perpendicular.
    2. adx Aplícase á liña perpendicular á tanxente dunha curva ou ao plano tanxente a unha superficie, no seu punto de contacto. OBS: Tamén se denomina liña normal.
  5. adx QUÍM Aplícase á solución que, en 1.000 ml de disolución, contén un equivalente de soluto.
  6. FÍS Situación dun sistema sometido a unha presión de 760 mm de mercurio e a unha temperatura de 0°C.
  7. EDUC Nome antigo da escola destinada á formación de mestres de educación primaria.

Sinónimos

Citas

  • A ovella Dolly tivo un crecemento normal
  • É normal que teñas tanto frío, estamos a cinco graos
  • Esta tarde non houbo ningún incidente, foi normal