natural

< lat naturāle
Plural: naturais
  1. adx Relativo ou pertencente á natureza.
  2. adx Que é acorde coas leis da natureza.
  3. adx Que é propio da natureza do que se fala, non adquirido nin aprendido.
  4. adx Que lle é propio.
  5. adx Que se mostra tal e como é.
  6. adx Que naceu nun lugar determinado.
  7. adx MÚS Aplícase ao son que non é alterado por ningún accidente.
  8. adx MAT
    1. Aplícase ao número enteiro e positivo.
    2. Aplícase ao logaritmo de base e.
    3. Aplícase á propiedade que pode ser demostrada sen recorrer a artificios ou a invencións enxeñosas.
  9. s m Forma de ser e comportarse dunha persoa.
  10. s m Propio dun lugar determinado.
  11. s m Instinto dos animais irracionais.

Antónimos

Citas

  • A ría ofrecía un magnífico porto natural
  • Compórtate de xeito natural
  • É natural de Morón de la Frontera, Os naturais desa rexión teñen sona de alegres
  • Era natural que se acabasen namorando
  • Hai moitos fenómenos naturais aínda non explicados pola ciencia
  • O natural dos ratos é roer
  • Somos de natural tranquilo, pero tamén nos enfadamos
  • Ten un don natural para a música