antagonismo

< gr ἀ νταγώνισμα ‘emulación’
Plural: antagonismos
  1. s m Estado de rivalidade e de oposición.
  2. s m ECOL Inhibición ou interferencia dun organismo no crecemento doutro.
  3. s m FISIOL Acción oposta de substancias, órganos ou sistemas do organismo.
  4. s m FISIOL Acción negativa dos ións dun elemento sobre a absorción do outro, no proceso de absorción selectiva das substancias disoltas do solo por parte das raíces.
  5. s m MED Acción ou efectos dun medicamento opostos aos doutro.
  6. antagonismo iónico BIOQ Inhibición ou interferencia mutua entre dous ións diferentes en todo o que fai referencia á súa acción biolóxica.

Citas

  • O antagonismo deses partidos políticos obsérvase no seu programa