anta

Plural: antas
  1. s f Laxe grande chantada no chan xunto a outras como valado dun terreo.
  2. s f ARQUEOL
    1. Laxe dun monumento megalítico.
    2. Construción megalítica formada por varios ortostatos, verticais e horizontais, dispostos en posición central no interior dunha mámoa e destinada a recibir varias inhumacións.
  3. s f ARQUIT Pilastra cuadrangular que se emprega para reforzar ou decorar o final dunha parede.