sfFILOSConxunto da realidade tal como é, independentemente da intervención e da acción humanas.
natureza mortaARTEXénero pictórico que ten como tema exclusivo obxectos inanimados de diversa índole.
reinos da naturezaBIOLCada un dos tres ámbitos ou maneiras de ser da realidade natural: mineral, vexetal e animal.
sfConxunto de características que conforman a esencia dun ser.
sfManeira de ser.
sfConxunto de condicións físicas e morais do home.
sfFILOSPrincipio constitutivo dunha cousa, aquilo en que consiste o fondo dun ser e que equivale á esencia, entendido nun sentido físico.
sfBIOLInstinto ou tendencia natural dos animais.
doutrina das dúas naturezasRELIXDoutrina cristolóxica, oposta ao monofisismo, pola que, na persoa de Xesús Cristo, subsisten íntegras a natureza divina, propia do fillo de Deus, e a natureza humana.
natureza humanaFILOSConxunto de características consideradas como permanentes e comúns a todo ser humano, independentemente das diferenzas históricas, étnicas ou sociais.
FILOS
sfConxunto da realidade existente, entendido como a unidade e dotado de leis propias e contrapostas ao sobrenatural e transcendente.
mundo da naturezaRexión do ser que, na filosofía kantiana, se caracteriza por determinacións espazo-temporais e por categorías, como a de causalidade, e onde impera a necesidade.
sfDERFeito de ser dun país ou unha nación determinados.