natureza

< natura
Pliral: naturezas
    1. s f FILOS Conxunto da realidade tal como é, independentemente da intervención e da acción humanas.
    2. natureza morta ARTE Xénero pictórico que ten como tema exclusivo obxectos inanimados de diversa índole.
    3. reinos da natureza BIOL Cada un dos tres ámbitos ou maneiras de ser da realidade natural: mineral, vexetal e animal.
    1. s f Conxunto de características que conforman a esencia dun ser.
    2. s f Maneira de ser.
    3. s f Conxunto de condicións físicas e morais do home.
    4. s f FILOS Principio constitutivo dunha cousa, aquilo en que consiste o fondo dun ser e que equivale á esencia, entendido nun sentido físico.
    5. s f BIOL Instinto ou tendencia natural dos animais.
    6. doutrina das dúas naturezas RELIX Doutrina cristolóxica, oposta ao monofisismo, pola que, na persoa de Xesús Cristo, subsisten íntegras a natureza divina, propia do fillo de Deus, e a natureza humana.
    7. natureza humana FILOS Conxunto de características consideradas como permanentes e comúns a todo ser humano, independentemente das diferenzas históricas, étnicas ou sociais.
  1. FILOS
    1. s f Conxunto da realidade existente, entendido como a unidade e dotado de leis propias e contrapostas ao sobrenatural e transcendente.
    2. mundo da natureza Rexión do ser que, na filosofía kantiana, se caracteriza por determinacións espazo-temporais e por categorías, como a de causalidade, e onde impera a necesidade.
  2. s f DER Feito de ser dun país ou unha nación determinados.

Sinónimos