motor -ra

Plural: motores Masculino: motor Masculino plural: motores Feminino: motora Feminino plural: motoras
    1. adx Que produce movemento.
    2. placa motora/motriz FISIOL placa neuromotora.
    1. s Persoa ou cousa que incita a obrar ou que provoca un efecto.
    2. motor de inferencia INFORM Programa de intelixencia artificial que realiza inferencias a partir dunha base de coñecemento.
    3. motor inmóbil/primeiro motor FILOS Primeira causa aristotélica, segundo a argumentación que parte da orde cósmica.
    1. s m TECNOL Máquina que transforma en enerxía mecánica outra forma de enerxía como pode ser a hidráulica, a química ou a eléctrica.
    2. motor de arranque TECNOL Pequeno motor eléctrico que lle dá o impulso inicial ao motor de explosión ou a outro.
    3. motor de explosión TECNOL Motor térmico que transforma a combustión que se produce pola mestura de carburantes no cilindro dun motor, nun movemento de expansión do cegoñal.
    4. motor eléctrico ENX Máquina eléctrica que converte a enerxía eléctrica en mecánica. Segundo o tipo de corrente eléctrica con que funcione, distínguense entre motores de corrente continua e motores de corrente alterna.
    5. motor hidráulico / FÍS/TECNOL Máquina hidráulica destinada a producir enerxía mecánica a partir da enerxía contida nun líquido, baixo as formas de enerxía de presión, cinética e potencial, nunha proporción determinada. Os motores hidráulicos divídense en turbinas e motores volumétricos.
    6. motor pneumático TECNOL Motor destinado a producir enerxía mecánica a partir da enerxía contida nun gas, baixo as súas formas de enerxía de presión, cinética e térmica, nunha proporción determinada. Os motores pneumáticos, segundo os principios de funcionamento, pódense dividir en turbinas e motores volumétricos.
    7. motor térmico TECNOL Motor destinado a producir enerxía mecánica a partir da enerxía química dun combustible por medio da súa combustión. A calor desprendida na combustión transfórmase en enerxía térmica do fluído activo, que produce un traballo mecánico provocando un proceso de expansión.
  1. motor foguete ASTRON foguete.

Palabras veciñas