mosquito

< mosca
Plural: mosquitos
  1. ANIMAL/ENTOM
    1. s m Nome dado a diferentes insectos dípteros, da familia dos culícidos e semellantes.
    2. mosquito anófele Insecto díptero, do xénero Anopheles, da familia dos culícidos. Habitan nas augas quedas, doces ou salobres. Os adultos machos nútrense de sucos vexetais; as femias son hematófagas e son os axentes vectores do paludismo no home e noutros vertebrados. Son abundantes en climas cálidos e húmidos.
    3. mosquito cúlex Insecto díptero, do xénero Culex, da familia dos culícidos, de larvas acúaticas e omnívoras. Os adultos chuchan líquidos internos mediante picaduras.
  2. s m ANIMAL/ENTOM Nome que reciben moitos insectos da suborde dos nematóceros.
  3. mosquito verde ANIMAL/ENTOM Nome que reciben diversos insectos da familia dos tiflocídidos. Son de pequeno tamaño e parasitos de cultivos.