smNome dado a diferentes insectos dípteros, da familia dos culícidos e semellantes.
mosquito anófeleInsecto díptero, do xénero Anopheles, da familia dos culícidos. Habitan nas augas quedas, doces ou salobres. Os adultos machos nútrense de sucos vexetais; as femias son hematófagas e son os axentes vectores do paludismo no home e noutros vertebrados. Son abundantes en climas cálidos e húmidos.
mosquito cúlexInsecto díptero, do xénero Culex, da familia dos culícidos, de larvas acúaticas e omnívoras. Os adultos chuchan líquidos internos mediante picaduras.
smANIMAL/ENTOMNome que reciben moitos insectos da suborde dos nematóceros.
mosquito verdeANIMAL/ENTOMNome que reciben diversos insectos da familia dos tiflocídidos. Son de pequeno tamaño e parasitos de cultivos.