monte

< lat monte
Plural: montes
  1. s m Elevación natural do terreo de tamaño considerable.
  2. s m Terreo non cultivado cuberto de vexetación expontánea ou árbores.
  3. s m Morea de cousas colocadas unhas enriba das outras.
  4. s m Problema de difícil solución.
  5. s m Conxunto de cartas da baralla ou de fichas do dominó que quedan despois de repartir para iniciar a partida.
  6. monte comunal/común Terreo non cultivado que pertence a unha parroquia.
  7. monte de piedade HIST/ECON Establecemento benéfico que fai préstamos, xeralmente peñorativos, de bens mobles, con interese módico.
  8. monte de Venus ANAT Rexión púbica da muller en forma de saínte redondeado que se sitúa diante e por riba do orificio vulvar.

Sinónimos

Citas

  • tiña un monte de papeis enriba da mesa

Frases feitas

  • A monte loc adv 1 Empr
  • Montes e moreas. Expresi

Refráns

  • Canto máis anda un no monte, máis espiñas colle.
  • Do monte mao, fuste na mao.
  • No monte andan os lobos e no val os raposos.
  • O monte é para os lobos e o val para os raposos.
  • O que vive na montaña, coida que ten algo e non ten nada.
  • Todo o monte non é ourego.