montaxe

< fr montage
Plural: montaxes
  1. s f Acción e efecto de montar.
  2. s f ESPECT Operación de selección, ordenamento e empalme do material filmado para unha película.
  3. s f ESPECT Posta en escena dunha obra de teatro.
  4. s f IND/ARTE Imaxe que se obtén a partir de diferentes fotografías montadas e colocadas xuntas.
  5. s f Acción preparada coa finalidade de enganar ou confundir.
  6. s f QUÍM/TECNOL Conxunto de diversas pezas, adaptadores ou compoñentes, que se atopan axustados co fin de obter un aparato ou unha instalación para facer probas nun laboratorio.
  7. s f HIST Imposto medieval que percibía o señor xurisdicional pola pasaxe de gando por un monte.

Citas

  • A película gañou un premio pola súa montaxe
  • Encargáronse da montaxe da obra de Castelao
  • Necesito dez fotografías para facer unha montaxe sobre o inverno
  • O da súa viaxe a Cuba foi unha montaxe

Palabras veciñas