monetario -ria

< lat monetarĭu
Plural: monetarios Masculino: monetario Masculino plural: monetarios Feminino: monetaria Feminino plural: monetarias
  1. ECON
    1. adx Relativo ou pertencente á moeda.
    2. oferta monetaria Activos máis líquidos posuídos polo público (cartos en efectivo e depósitos á vista en poder das unidades económicas) que se corresponden cos pasivos máis esixibles do sistema financeiro.
    3. política monetaria Parte da política económica que establece as normas que regulan a cantidade de diñeiro ou liquidez da economía coa finalidade de conseguir algún obxectivo determinado.
    4. sistema monetario Conxunto de normas legais e de institucións en que se reflicte todo o relacionado co diñeiro nas economías modernas.
    5. teoría monetaria Parte da teoría económica que estuda os problemas referentes ao valor da moeda e aos efectos da cantidade de diñeiro no sistema económico.
    6. unidade monetaria Unidade estándar da moeda ou medio oficial de cambio de cada estado.
  2. s m Colección ordenada de moedas e medallas.

Palabras veciñas