monema

< mon- + -ema
Plural: monemas
  1. s m LING Unidade significativa mínima da primeira articulación da linguaxe, en oposición á unidade distintiva ou fonema, na terminoloxía de André Martinet. Os monemas que pertencen ao campo do léxico ou vocabulario son lexemas e os que forman parte da estrutura gramatical son morfemas.