moeda

< lat monēta
Plural: moedas
  1. s f NUMIS/ECON Peza de metal cuñada pola necesidade dos intercambios, con aliaxe, título, peso e valor establecidos. Introducida polos gregos (s VIII a C), difundiuse por todo o mundo antigo.
  2. s f ECON Parte da oferta monetaria dun país, composta de billetes e moeda metálica.
  3. s f ECON Unidade monetaria propia dun país.
  4. ECON
    1. moeda convertible Moeda que pode ser intercambiada polo seu detentor polo equivalente en moeda doutro país ao tipo de cambio establecido entre ambas as dúas.
    2. moeda feble Moeda que ten un valor inestable ou unha tendencia a perder o seu valor constantemente en relación coas fortes.
    3. moeda forte Moeda que ten un valor estable no mercado internacional de cambios ou unha consolidada tendencia a revalorizarse respecto ás outras moedas.
  5. NUMIS
    1. moeda de conta Representación dun valor monetario moi superior ao da moeda corrente, usado para expresar cantidades moi elevadas.
    2. moeda miúda Moeda de ínfimo valor.

Frases feitas

  • Pagar na/coa mesma moeda. Responder algu

Refráns

  • O carto falso de noite pasa cun nisco de maña.