sfNUMIS/ECONPeza de metal cuñada pola necesidade dos intercambios, con aliaxe, título, peso e valor establecidos. Introducida polos gregos (s VIII a C), difundiuse por todo o mundo antigo.
sfECONParte da oferta monetaria dun país, composta de billetes e moeda metálica.
sfECONUnidade monetaria propia dun país.
ECON
moeda convertibleMoeda que pode ser intercambiada polo seu detentor polo equivalente en moeda doutro país ao tipo de cambio establecido entre ambas as dúas.
moeda febleMoeda que ten un valor inestable ou unha tendencia a perder o seu valor constantemente en relación coas fortes.
moeda forteMoeda que ten un valor estable no mercado internacional de cambios ou unha consolidada tendencia a revalorizarse respecto ás outras moedas.
NUMIS
moeda de contaRepresentación dun valor monetario moi superior ao da moeda corrente, usado para expresar cantidades moi elevadas.