módulo

< lat modŭlu
Nome científico: G Plural: módulos
  1. s m METROL                                1x = x. Ex: Engadiulle dous módulos ao armario da cociña
  2. módulo de distancia ASTRON Diferenza entre a magnitude aparente (m), e a magnitude absoluta (M) dun astro. Relaciónase coa distancia (d) ao astro pola expresión: m - M = 5 log d - 5.
  3. s m METROL Cantidade que expresa a medida de certa función, propiedade ou efecto, baixo certas condicións.
  4. s m
    1. ARQUIT Medida do semidiámetro da parte inferior do fuste dunha columna, tomada como unidade para determinar as proporcións das outras partes dunha orde arquitectónica.
    2. ARQUIT Medida tomada como unidade dunha escala de proporcións para unha composición ou distribución arquitectónica. Na arquitectura moderna é a medida pola que todas as dimensións dun edificio son múltiples aritméticos.
    3. NUMIS Diámetro dunha medalla ou moeda.
  5. s m
    1. Cada un dos elementos dun conxunto prefabricado que permite diversas solucións de montaxe.
    2. Cada unha das partes dunha máquina ou dun artefacto, axustadas funcionalmente.
    3. ASTRON Cada unha das partes dunha astronave que cumpre un conxunto de funcións determinadas.
    4. FÍS Unidade de montaxe que consiste nun circuíto formado por un grupo de compoñentes montados sobre unha placa de circuíto impreso e que forman unha unidade compacta e con posibilidade de ser substituída por unha igual e co obxecto de revisala e reparala.
    1. s m FÍS Coeficiente dimensionado que completa a proporcionalidade ou relación entre magnitudes físicas.
    2. módulo da sección CONSTR Cociente entre o momento de inercia da sección dunha trabe respecto ao eixe neutro e á distancia desde a fibra máis afastada a este eixe.
    3. módulo de elasticidade/Young FÍS Relación entre a tracción á que é sometido un corpo e o alongamento que experimenta a causa desta tracción, dada pola fórmula:

      na que L é a lonxitude dun fío metálico, S a súa sección, F é a tracción e l o alongamento que sofre o fío.
    1. módulo dun número complexo Dado un número complexo, z=a+ib, raíz cadrada de a2+b2.
    2. módulo dun sistema de de logaritmos Número polo que hay que multiplicar os logaritmos dunha base para obter os logaritmos correspondentes doutra base.
    3. módulo dun vector norma dun vector
    4. módulo dunha congruencia Número que se emprega para definir a congruencia.
    5. s m Estrutura alxébrica constituída por un conxunto M provisto dunha operación interna (+), respecto á que ten estrutura de grupo conmutativo, e dunha operación externa (-) cun anel unitario e comunicativo A, que cumpre, para todo x, y?M e a, b?A, as seguintes propiedades:

Citas

  • Engadiulle dous módulos ao armario da cociña