smMETROL1x=x.Ex: Engadiulle dous módulos ao armario da cociña
módulo de distanciaASTRONDiferenza entre a magnitude aparente (m), e a magnitude absoluta (M) dun astro. Relaciónase coa distancia (d) ao astro pola expresión: m-M = 5 log d - 5.
smMETROLCantidade que expresa a medida de certa función, propiedade ou efecto, baixo certas condicións.
sm
ARQUITMedida do semidiámetro da parte inferior do fuste dunha columna, tomada como unidade para determinar as proporcións das outras partes dunha orde arquitectónica.
ARQUITMedida tomada como unidade dunha escala de proporcións para unha composición ou distribución arquitectónica. Na arquitectura moderna é a medida pola que todas as dimensións dun edificio son múltiples aritméticos.
NUMISDiámetro dunha medalla ou moeda.
sm
Cada un dos elementos dun conxunto prefabricado que permite diversas solucións de montaxe.
Cada unha das partes dunha máquina ou dun artefacto, axustadas funcionalmente.
ASTRONCada unha das partes dunha astronave que cumpre un conxunto de funcións determinadas.
FÍSUnidade de montaxe que consiste nun circuíto formado por un grupo de compoñentes montados sobre unha placa de circuíto impreso e que forman unha unidade compacta e con posibilidade de ser substituída por unha igual e co obxecto de revisala e reparala.
smFÍSCoeficiente dimensionado que completa a proporcionalidade ou relación entre magnitudes físicas.
módulo da secciónCONSTRCociente entre o momento de inercia da sección dunha trabe respecto ao eixe neutro e á distancia desde a fibra máis afastada a este eixe.
módulo de elasticidade/YoungFÍSRelación entre a tracción á que é sometido un corpo e o alongamento que experimenta a causa desta tracción, dada pola fórmula:
na que L é a lonxitude dun fío metálico, S a súa sección, F é a tracción e l o alongamento que sofre o fío.
módulo dun número complexoDado un número complexo, z=a+ib, raíz cadrada de a2+b2.
módulo dun sistema de de logaritmosNúmero polo que hay que multiplicar os logaritmos dunha base para obter os logaritmos correspondentes doutra base.
módulo dun vectornorma dun vector
módulo dunha congruenciaNúmero que se emprega para definir a congruencia.
smEstrutura alxébrica constituída por un conxunto M provisto dunha operación interna (+), respecto á que ten estrutura de grupo conmutativo, e dunha operación externa (-) cun anel unitario e comunicativo A, que cumpre, para todo x,y?M e a,b?A, as seguintes propiedades: