smFILOSDeterminación entitativa falta de consistencia nela mesma e polo tanto dependente sempre doutra entidade. A súa realidade ontolóxica é sempre menor ca a dos accidentes e poden ser substanciais, accidentais ou de inherencia.
modo de serCada un dos atributos trascendentais do ser, como a bondade, a unidade, a verdade e, para algúns, a beleza.
smLINGModalidade da conxugación verbal que se axeita á maneira en que o falante concibe a acción e que se expresa mediante morfemas.
sm plXeito de comportarse unha persoa con respecto aos demais.
DER
smEncargo unido a unha doazón ou a un legado que obriga ao adquirinte.
modo de adquisiciónFeito xurídico polo que unha persoa adquire o dominio ou outro dereito real sobre unha cousa.
smMATDisposición das premisas nun siloxismo categórico, segundo a súa cantidade (universal ou particular) e calidade (afirmativa ou negativa).
smFÍSOnda estacionaria en que pode vibrar unha corda tensa, unha membrana ou unha columna de aire.
modo de produciónECONConcepto teórico elaborado pola análise das formacións sociais concretas que se considera como unha combinación de relacións de produción e forzas produtivas, estruturada pola dominación das relacións de produción.
modo de vidaForma de vida que caracteriza a un grupo de persoas.