smPersoa ou cousa que é digna de ser imitada pola súa perfección.
smCousa que se toma como obxecto de imitación co fin de reproducila.
sARTEPersoa que pousa diante dun artista, na actitude que este quere reproducir en pintura, escultura ou debuxo.
smARTERepresentación en cera, arxila ou algún outro material maleable dun obxecto destinado a ser reproducido en pedra, mármore, bronce ou madeira.
smTipo dunha cousa destinada á súa produción en serie.
smRepresentación simplificada da realidade, de forma icónica, analóxica ou simbólica.
smARQUITMaqueta feita a escala dun edificio, dun monumento ou dun detalle arquitectónico.
smECONModelo que se emprega na ciencia económica que ten como elementos fundamentais as variables, as constantes (que corresponden aos elementos medibles) e as relacións (que especifican o tipo de conexión entre os elementos indicados).
smFÍSRepresentación abstracta, por analoxía, dun fenómeno físico complicado ou pouco coñecido, de xeito que, ao comparalo con este modelo, máis simple e coñecido, permite darlle unha explicación matemática.
smMATTeoría ou descrición matemática dun obxecto ou fenómeno real.
smTECNOLRepresentación de madeira, cera, xeso ou metal, para construír o molde dunha peza.
modelo de calibreTECNOLTipo de modelo que serve para enmoldar pezas prismáticas ou de revolución.
teoría de modelosTECNOLTeoría e técnica de reprodución no laboratorio, do comportamento dun sistema físico que se emprega no estudo e no deseño de sistemas que presentan dificultades na súa experimentación a escala real.
smPeza de vestiario da alta costura.
sPersoa que exhibe pezas de roupa ou complementos que os deseñadores queren dar a coñecer.
Citas
Deixoulle dúas cartas para que as empregase como modelo