smPlanta herbácea anual, monoica, da familia das poáceas que presenta un talo rematado nun penacho chamado cima ou frecha, formado por panículas de espigas constituída por dúas flores masculinas. As flores femininas agrúpanse en espigas biflorais sobre un eixe chamado raspa e forman unha inflorescencia denominada mazaroca.
millo amarelo/graúdoMillo que ten o gran grande e amarelo.
millo apicharado/barbeito/pegoMillo co gran de varias cores.
millo barbeitoPrimeiro millo que se sementa.
millo brancoMillo que ten os grans brancos e a mazaroca grosa.
millo centeeiroMillo que se bota na terra onde se recolleu o centeo.
millo colorado/conde/rei/rubioMillo de grans vermellos.
millo das restrollasMillo que se sementa despois de recoller o trigo.
millo de cedo/temperán/tremesiñoMillo que madura axiña.
millo de fóraMillo importado doutros países.
millo do gadoMillo de grans brancos e vermellos.
millo do paísMillo de grans escuros.
smGran do millo.
Refráns
Lavada, ¡ós tres días nada! -díxolle o millo á liñaza e contestou ela: Nugallón, ¡un mes baixo do terrón, e inda se vou ou non!.
Lavada, ¡ós tres días, nada! -díxolle o millo á liñaza; e ela repondeu: ¡Nugallón, un mes debaixo do terrón, e inda se vou ou non!
Nin millo engrolado nin millo queimado.
O millo mesto, no cesto; o millo raro, na leira e non no carro.
O millo polo san Marcos, nin nado nin no saco.
O millo rascado enche a cesta e o ferrado.
O primeiro millo é dos paxaros.
Se o millo fose pouco, mudalo dun saco noutro -dixo a galiña cando falou.