millo

Pliral: millos
  1. adx Relativo ou pertencente ao millo.
  2. PLANTA
    1. s m Planta herbácea anual, monoica, da familia das poáceas que presenta un talo rematado nun penacho chamado cima ou frecha, formado por panículas de espigas constituída por dúas flores masculinas. As flores femininas agrúpanse en espigas biflorais sobre un eixe chamado raspa e forman unha inflorescencia denominada mazaroca.
    2. millo amarelo/graúdo Millo que ten o gran grande e amarelo.
    3. millo apicharado/barbeito/pego Millo co gran de varias cores.
    4. millo barbeito Primeiro millo que se sementa.
    5. millo branco Millo que ten os grans brancos e a mazaroca grosa.
    6. millo centeeiro Millo que se bota na terra onde se recolleu o centeo.
    7. millo colorado/conde/rei/rubio Millo de grans vermellos.
    8. millo das restrollas Millo que se sementa despois de recoller o trigo.
    9. millo de cedo/temperán/tremesiño Millo que madura axiña.
    10. millo de fóra Millo importado doutros países.
    11. millo do gado Millo de grans brancos e vermellos.
    12. millo do país Millo de grans escuros.
  3. s m Gran do millo.

Refranes

  • Lavada, ¡ós tres días nada! -díxolle o millo á liñaza e contestou ela: Nugallón, ¡un mes baixo do terrón, e inda se vou ou non!.
  • Lavada, ¡ós tres días, nada! -díxolle o millo á liñaza; e ela repondeu: ¡Nugallón, un mes debaixo do terrón, e inda se vou ou non!
  • Nin millo engrolado nin millo queimado.
  • O millo mesto, no cesto; o millo raro, na leira e non no carro.
  • O millo polo san Marcos, nin nado nin no saco.
  • O millo rascado enche a cesta e o ferrado.
  • O primeiro millo é dos paxaros.
  • Se o millo fose pouco, mudalo dun saco noutro -dixo a galiña cando falou.